viernes, 29 de julio de 2011

Malpocadiño



Alfonso de Vega

Chamanlle o "Malpocadiño",
nome de loito e tristura,
e vai pisando a brancura
Da neve, que cai mainiño.

Sin zocos vai ¡coitadiño!
Batindo dente con dente,
n-atopa un caldiño quente
nin un sorrir garimoso,
somente escoita, choroso,
o “¡malpocadiño!” da xente.

A neve sigue branqueando
soutos, cortiñas e outeiros,
i-os paxariños nos leiros
choran e choran piando.

Sin forzas vai camiñando
o probe do rapaciño,
hastra caer no camiño,
de bágoas os ollos cheos,
soñando calor de ceos
e de anxos, ¡malpocadiño!

3 comentarios:

  1. Cantado por el Orfeon Universitario de Santiago en los anos 60

    ResponderEliminar
  2. Yo era uno de ellos. Cantabamos tambien Negra Sombra y el Himno a Galicia, todo en Gallego en los tiempos de Franco

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El autor de la letra es mi abuelo
      Sería posible que me hicieran llegar la partitura?

      Eliminar