A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467[1] e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV.[2][3]
Comezou na primavera de 1467 na Galicia, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela).
A Santa Irmandade, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.
Agresividade dos señores. Os refuxios de malfeitores
A nobreza galega vivía un século XV de conflitos e confrontación internas. Á intranquilidade xerada por tal serie de conflitos sumábanse os efectos negativos da epidemia de 1466, así como anteriormente a peste e as malas colleitas, que provocaron ademais unha caída de rendas da nobreza, o que derivou nunha actitude recadadora agresiva para contrarrestar esta diminución.
Entre as vítimas desta rapacidade da nova nobreza encontrábase tamén o clero. Mesmo parte do patrimonio e señoríos de mosteiros e catedrais estaban ocupados ou encomendados en 1467. De feito a Irmandade devolveu á igrexa moitos dos bens usurpados pola nobreza laica.
Os vasalos fronte ás fortificacións, refuxios de malfeitores
Existía, por tanto, un sentimento acumulado de agravio, polos males e danos que as vilas e a xente recibían das fortalezas (percibidas como refuxios de malfeitores), tanto de señores e cabaleiros como de prelados, como indican as testemuñas do Preito Tabera - Fonseca:Danos robos e males. Robo de ombres, personas y en sus vienes, robandoles sus bois y bestias y que les forçaban sus mugeres e fijas e que muchos de los dichos danos se azían ansi de las gentes que en sus casas como en la de las fortalezas.
Por iso a irmandade focalizouse na demolición dos seus refuxios, as fortalezas.A estes determinantes compoñentes emotivos sumábanse as segundas intencións de emancipación da vasalaxe e a liberación de pago de rendas do señor; terminar co sistema de fortificacións construídas entre os séculos X e XV.
Gran Guerra Irmandiña - Wikipedia, a enciclopedia libre
http://es.wikipedia.org/wiki/Revuelta_Irmandi%C3%B1a
No hay comentarios:
Publicar un comentario