martes, 9 de agosto de 2011

Noriega Varela


Nuns Farrapos...

Nus farrapos envolto,¡meu neniño!
unha vella topouno nun camiño;
rapaz, morou nas fragas recadado,
en compaña dun can, gardando o gado;
mozo, picou prá guerra, frente a frente
da morte non tremeu, era valente:
bateuse co enemigo de tal xeito
que loitou, moitas veces, peito a peito.
Sin cruces, nin galós, no chau tirado
dun balazo morreu,¡probe soldado!

A vella que o criou está tullida:
naide máis o recorda nesta vida.


NORIEGA VARELA, Antonio, 1982, Do ermo, Vigo: Galaxia


http://www.blogoteca.com/literalingua/index.php?cod=103160




No hay comentarios:

Publicar un comentario