"Y recordé aquel viejo chiste, aquel del tipo que va al psiquiatra y le dice: "Doctor, mi hermano está loco, cree que es una gallina". Y el doctor responde: "¿Pues por qué no lo mete en un manicomio?". Y el tipo le dice: "Lo haría, pero necesito los huevos". Pues, eso más o menos es lo que pienso sobre las relaciones humanas, saben, son totalmente irracionales y locas y absurdas, pero que continuamos manteniéndolas porque la mayoría necesitamos los huevos." Woody Allen (Annie Hall)
viernes, 29 de julio de 2011
Álvaro Cunqueiro: Escola de menciñeiros
O Licho de Vilamor
Soupen do Licho de Vilamor polo abo dun compañeiro meu de escola, que era un vello reloxeiro e tiña unha caixa de música que moito gostaba eu de ouvir.
-En Vilamor, decianos, houbo dous homes de talente: o Berete, que adeprendéu a lér nun día, i o Licho, que sacaba as moas sin dór. Perguntando pólo Licho soupen que fora un borne mui alto, mui gordo, cunha grande barba, e que sempre gastaba blusa moura, de maragato. Andaba pólas feiras sacando moas.
Chegaba a unha feira, subiase a un queixón, e colgábase do pescozo un grande colar feito cos dentes e moas meirantes que sacara, e pra traguer á clientela, espricaba as pezas máis famosas:
-Ista moa foi do señor cura de Abraldes. ¡Moita freba de lacón leva cortado! Iste dente foi de doñ.a Ramonita Verdes. ¿Vedes iste dente de tres reigafias? Do sombreireiro de Mondoñedo...
Que facía pra tiralas moas sin dór, eu non o sei. Unha vez, un tío abó de meu, don Serxio Moirón, contoume que il conocera ó Licho.
-¡Aínda pasou con él en casa nosa unha chistada!
E a chistada foi que unha tía miña, Elisa, que era mui fermosiña moceta, e delicada, e finouse en Panticosa do peito, tiña unha moa averiada e doíalle i hastra tiña algo de flemón. E como era sábado e mercado nos Rodrigas de Riotorto, i estaba o Licho no seu traballo, fórono buscar pra que lle quitase a moa a miña tía. I a probe Elisa estaba na sala dos balcós, no pazo noso de Chachán, nunha mecedora, chorimiqueando, cando chegou o Licho.
E a miña tía cando veu entrar por portas a aquel borne tan grande, coaquela blusa moura, o colar ó pescozo e nas máns as ferramentas, vai a rapaciña i esmaiouse. O Licho botou unha grade risada, e volvéndose pra meu bisabó, o escribano Moirón de Bretoña, que groria haxa, namentras lle tocaba coas tenazas na barriga, comentou palaciano gracioso:
-¡Ja, ja, ja! ¡Todas istas señoritas son un fato de putas!
É todo o que sei do Licho de Vilamor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario