jueves, 19 de mayo de 2011

Xocaloma






Soio un sono


Alguen…
Antón Campelo


Alguén que nos agarda nas estrelas
berróunos duras verbas dende elas
erguendo a mán:

«-Terédes soedade nos cimentos!.
Serédes soedá hasta o fin dos tempos!

…I-hasta as nubes destripadas polo vento
puxéronse de acordo para erguerlle
paredes e valados ás verbas da opresión.

Alguén que nos agarda nas estrelas
berróunos duras verbas dende elas
erguendo a mán:

«-A libertade e pan dos deuses!.
Vos dise pan non comeredes
endexamais!

Pero os homes non creeron nisa fame:
sementaron leiros de esperanza
e medrou en hirmandade o pan da libertá.


http://www.musicagalega.org/tag/grupo-xocaloma/page/2/


http://www.musicagalega.org/xocaloma-soio-un-sono/


Os fastos


Letra: Eduardo Pondal
Música: Xosé Luis Silva Romaní


O fillos escuros
do chan polvorento
de rostro mourisco,
os fillos do vento.
Os sempre envexosos
dos galegos feitos,
borraran os fastos
dos fortes galegos.

Os feitos borraran
dos fillos egrexios.
Dos fillos dos celtas
de intrépidos peitos;
de envexa movidos
borraron os feitos
Mais non borraron os fastos
dos fortes galegos.

Barreran os límites
do pogo galego.
Dos fillos de Luso
os lazos rompendo,
borraran os nomes
dos pátridos eidos.

Mais non borraron a fala.
Mais non borraron o xenio,
mais non boraron o esprito
dos fortes galegos!.



Ibas gozando no meu tormento

Letra: Eduardo Pondal

Música: Xosé Luis Silva Romaní


Ibas gozándo no meu tormento
ibas fuxíndo por medo a mín.
Levóuche a faldra curioso o vento
Vallame os Ceos ai o que eu vín!.

Dendesde aquela sempre sofrindo
o doce sono non conocín.
Se durmo en sonos estou decindo:
Vallame os Ceos ai o que eu vin!.

Espera un pouco doce enemiga
si non ques salla de mín.
Si a todos crúo non qués que diga:
Vallame os Ceos ai o que eu vin!.


Aldea miña
Xosé Luis Silva Romaní


Aldea miña…
o derradeiro tempo que pasou.
Aldea miña, estás morrendo…!

E quen nos dira,
a tí e mais a mín, voltar
polos camiños do recordo…

E atoparnos tan xunguidos do novo,
coma onte,
envoltos nun marmullo,
somentes trocado polo vento.

Aldea miña
dos prados e dos montes
mais fermosos!.

…De rios de augua
transparentes;
de homes sementándo vida…
sempre.

Aldea miña…
berce dos meus sonos
despertos.
Aldea miña, xa nin somos emos!.

E quen nos dira,
a tí e mais a mín, voltar
polos camiños do recordo…

E atoparnos pretos dhún palleiro,
coma sempre,
tendo un secreto,
somentes ti mais eu, i o ceo aberto.

Aldea miña
dos prados e dos montes
mais fermosos!.

…Non vexo homes
nin nenos nas túas terras;
xa non hai leiras!.
Aldea miña, estas morta…!
Miña aldea…


Camiños
Xosé Luis Silva Romaní


Camiños de miña aldea
mistura de terra e froles.
Canto fai que non vos ando!.
…canto vos andiven onte…

Tantos anos se botaron
por riba diste meu corpo,
que xa me teñen deitado
deixándome eiquí tan soio!.

«-Onde estádes meus camiños!.
Meus camiños, onde estádes?.

Camiños, eu que vos fixen,
somentes fún camiñante:
non pisédes vos agora
a miña vida o remate.

Non me levedes camiños!
non vedes que estou chorándo…
E dame medo chegar
o lugar que está agardando!.

Oido como peta a choiva
enriba do meu tellado:
a choiva que me mollara
polos camiños andandos.

Xa non poido ver os rios…
nin os montes do lugar!.
Xa non hai pra mín camiños
onde poida camiñar…

«-Onde estádes meus camiños!.
Meus camiños onde estádes?.

Camiños, eu que vos fixen,
somentes fún camiñante:
non pisédes vos agora
a miña vida o remate.

Non me levedes camiños!.
Non vedes que estou chorando…
E dame medo chegar
o lugar que está agardando!.

Camiños non poido anda!.
Camiños… non poido andar…


Un conto pra ti
Xosé Luis Silva Romaní


Escoita meu neno
deixa de chorar.
Pon a túa cara
o carón de miña

«-Había un lugar lonxano, lonxano,
onde os homes tiñan bestas e cabalos;
e vacas e bois, ovellas e cabras,
e terras labradas onde traballar».

E tiñan un rio
de augas moi cráras
que movia un muiño
pra moelo grao.

Escoita meu neno,
agora non durmas
que o berce está frio
para eu te deitar.
Escoita este conto
que vai rematar.


Adios rios adios fontes


Letra: Rosalía de Castro
Música: Xosé Luis Silva Romaní

Adios rios adios fontes
adios regatos pequenos.
Adios vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra onde em eu criei
hortiñas que eu quero tanto
figueiriñas que eu prantéi.

Prados, rios, arboredas,
pinares que move o vento.
Paxariños piadores
casiña do meu contento.
Muiños dos castañares
noites cráras de luar.

Campiñas timbradoras
da irexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba o meu amor,
caminiños antre o millo
adios para sempre adios.

Adios gloria adios contento
deixo a casa donde nasción
deixo a aldea que conosco
por un mundo que non vín.

Deixo amigos por estraños
deiso a veiga polo mar.
Deixo en fín canto ven quero,
quen poidera non deixar.

Adios meu ven queridiño
adios por sempre quizá.
Digoche este adios chorando
dende a veiriña do mar.

Non me olvides queridiña
si morro de soidá.
Tantas leguas mar adentro
miña casiña meu lar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario